A FANPA convoca un ano máis o seu certame de relato curto dirixido a alumnos do sistema educativo público, divididos por idades, e aos adultos que participan directamente nese sistema (familias e profesorado).
![]() |
| Cartel oficial do certame |
Os premios consisten nun vale de 200 €, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada pola ilustradora Belén Padrón, para cada unha das categorías de idades.
Só nos queda ao equipo da biblioteca animar a todos os alumnos, familias e profesorado a participar no certame cun relato orixinal e interesante.
Se queredes máis información, consultade o enderezo do certame.

