Este blog ha sido creado en marzo de 2011 para informar y ayudar a los alumnos de 3º de ESO del IES Valadares a elaborar unos wikis sobre Fuenteovejuna.

jueves, 8 de octubre de 2015

24 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Desde 1997 a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil promove no noso país esta celebración en recordo do incendio da Biblioteca de Saraxevo durante o conflito dos Balcáns en 1992. Tras este brutal ataque, o médico e historiador croata Mirko D. Grmek acuñou o término memoricidio para definir a destrución da memoria e o tesouro cultural do “outro”, do adversario, do inimigo. Por iso, desde entón,  o cuarto luns do mes de outubro celébrase este Día Internacional da Biblioteca Escolar, establecido pola IASL (International Association of School Librarianship), con sede en Estados Unidos (www.iasl-slo-org).

Bibliotecas públicas, privadas, universitarias, especializadas, escolares, nacionais, móbiles? Todas elas albergan grandes tesouros, e destruílas ou non protexelas, que vén ser o mesmo, é un memoricidio a pequena ou gran escala.

E unha das mellores formas de protexelas é dalas a coñecer, abrir as súas portas, mostrar os seus recunchos máis escondidos, extraer os seus documentos dos fríos estantes e poñelos en mans dos lectores. E, sobre todo, falar e facer que se fale delas.




No noso instituto celebramos este día cunha actividade que consistiu en premiar con vales a todos los alumnos que acudiron á biblioteca e sacaron un libro.






martes, 6 de octubre de 2015

NORMATIVA DA BIBLIOTECA


  1. Os materiais catalogados da biblioteca están a disposición de toda a comunidade educativa (alumnos, docentes, pais e persoal non docente) para o seu uso, tanto na propia biblioteca como no servizo de préstamo.
  2. Poden prestarse para o seu uso en casa todos os materiais catalográficos destinados a ese fin (en xeral, todo o fondo menos dicionarios, enciclopedias e atlas) por un periodo de dez días naturais, prorrogables por outros dez. Unha mesma persoa pode ter ata dous libros en préstamo ao mesmo tempo.
  3. En sala poden consultarse todos os fondos, comprometéndose o usuario a depositar o material no lugar do que o colleu.
  4. Nos periodos vacacionais (Nadal, Entroido, Semana Santa e verán), os usuarios poden usar o préstamo durante cada un deses periodos. A devolución do material prestado deberá producirse o primeiro día hábil tras as vacacións.
  5. O retraso na devolución dun libro ou otro material sancionarase coa imposibilidade doutro préstamo por idéntico número de días da demora.
  6. O deterioro intencionado, agás o derivado do uso habitual, e o extravío do material prestado sancionarase co importe correspondente dese material.

domingo, 4 de octubre de 2015

HORA DE LER

O luns 5 de outubro comeza por primeira vez no instituto a actividade Hora de Ler, que pretende fomentar a lectura entre o alumnado do noso centro. 
Estas son as normas básicas de funcionamiento.

NORMAS PARA A “HORA DE LER” EN 1º - 2º ESO

-          En cada  aula hai unha serie de libros que configuran a biblioteca de aula para a “Hora de Ler”.

-          Cada alumno/a elixirá, entre os libros da biblioteca de aula, aquel que  desexe ler.

-    Ao elixir o libro cómpre fixarse ben e reflexionar antes de decidirse, xa que unha vez  escollido  haberá que lelo ata o final.

-          O/A  bibliotecario/a de aula fará una lista dos libros escollidos por cada un e deixaraa no caixón da mesa do profesor/profesora.

-    Ao rematar a “Hora de ler”, os libros depositaranse no lugar en que estaban colocados. O/A bibliotecaria/o de aula vixiará que así sexa.

-          Está permitido nesta hora a lectura de revistas culturais ou cómics.

-          Non se poden ler nesta hora os libros que sexan de lectura obrigatoria en calquera materia.


-     Todos/as estades invitados/as  a facer unha achega persoal sobre o libro que estades a ler. Como? Poñerase un panel nun espazo visible do instituto onde poderedes colocar: unha cita que vos pareza interesante do libro, un debuxo relacionado coa lectura, unha reflexión sobre o libro, unha recensión, un slogan que anime á súa lectura, etc... Cómpre que vaia o voso nome e o curso porque se valorará positivamente a colaboración de todos/as vós.



NORMAS  PARA A “HORA DE LER”  3º -  4º E.S.O.

-          Cada alumno/a  elixirá, persoalmente ou por indicación dalgún profesor/profesora, o libro que queira ler nesta hora.

-          Pódense ler nesta hora os libros de lectura obrigatoria de calquera materia.


  Se algún alumno/a  non trae ningún libro para ler, o profesor correspondente poderá anotar no parte esta incidencia como unha falta de material. 



LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
8:45
9:25
5 outubro
1 decembro
3 febreiro
17 marzo
6 maio
9:25
10:25
12 outubro
8 decembro
10 febreiro
31 marzo
13 maio
10:25
11:15
19 outubro
15 decembro
17 febreiro
7 abril
20 maio






11:45
12:35
26 outubro
12 xaneiro
24 febreiro
14 abril
27 maio
12:35
13:25
2 novembro
19 xaneiro
2 marzo
21 abril
3 xuño
13:25
14:15
9 novembro
26 xaneiro
9 marzo
28 abril
10 xuño



16:30
17:20
16 novembro

17:20
18:10
23 novembro