O luns 5 de outubro comeza por primeira vez no instituto a actividade Hora de Ler, que pretende fomentar a lectura entre o alumnado do noso centro.
Estas son as normas básicas de funcionamiento.
NORMAS PARA A “HORA DE LER” EN 1º - 2º ESO
- En cada aula hai unha serie de libros que configuran a biblioteca de aula para a “Hora de Ler”.
- Cada alumno/a elixirá, entre os libros da biblioteca de aula, aquel que desexe ler.
- Ao elixir o libro cómpre fixarse ben e reflexionar antes de decidirse, xa que unha vez escollido haberá que lelo ata o final.
- O/A bibliotecario/a de aula fará una lista dos libros escollidos por cada un e deixaraa no caixón da mesa do profesor/profesora.
- Ao rematar a “Hora de ler”, os libros depositaranse no lugar en que estaban colocados. O/A bibliotecaria/o de aula vixiará que así sexa.
- Está permitido nesta hora a lectura de revistas culturais ou cómics.
- Non se poden ler nesta hora os libros que sexan de lectura obrigatoria en calquera materia.
- Todos/as estades invitados/as a facer unha achega persoal sobre o libro que estades a ler. Como? Poñerase un panel nun espazo visible do instituto onde poderedes colocar: unha cita que vos pareza interesante do libro, un debuxo relacionado coa lectura, unha reflexión sobre o libro, unha recensión, un slogan que anime á súa lectura, etc... Cómpre que vaia o voso nome e o curso porque se valorará positivamente a colaboración de todos/as vós.
NORMAS PARA A “HORA DE LER” 3º - 4º E.S.O.
- Cada alumno/a elixirá, persoalmente ou por indicación dalgún profesor/profesora, o libro que queira ler nesta hora.
Se algún alumno/a non trae ningún libro para ler, o profesor correspondente poderá anotar no parte esta incidencia como unha falta de material.
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | ||
8:45 9:25 | 5 outubro | 1 decembro | 3 febreiro | 17 marzo | 6 maio |
9:25 10:25 | 12 outubro | 8 decembro | 10 febreiro | 31 marzo | 13 maio |
10:25 11:15 | 19 outubro | 15 decembro | 17 febreiro | 7 abril | 20 maio |
11:45 12:35 | 26 outubro | 12 xaneiro | 24 febreiro | 14 abril | 27 maio |
12:35 13:25 | 2 novembro | 19 xaneiro | 2 marzo | 21 abril | 3 xuño |
13:25 14:15 | 9 novembro | 26 xaneiro | 9 marzo | 28 abril | 10 xuño |
16:30 17:20 | 16 novembro | ||||
17:20 18:10 | 23 novembro | ||||
No hay comentarios:
Publicar un comentario