Este vindeiro luns 24 de outubro comeza a actividade da Hora de Ler, que pretende fomentar a lectura entre o alumnado do noso centro. Este curso mercamos unas caixas moi bonitiñas para que cada grupo do instituto tiña os seus libros perfectamente recollidos e localizados.
Estas son as normas básicas de funcionamiento.
NORMAS PARA A “HORA DE LER” EN 1º E 2º DE ESO
- En cada aula hai unha serie de libros que configuran a biblioteca de aula para a “Hora de Ler”.
- Cada alumno/a elixirá, entre os libros da biblioteca de aula, aquel que desexe ler.
- Tamén poden traerse da casa libros de lectura que parezan interesantes.
- Ao rematar a “Hora de ler”, os libros depositaranse no lugar en que estaban colocados. O/A bibliotecaria/o de aula vixiará que así sexa.
- Está permitido nesta hora a lectura de revistas culturais ou cómics.
- Non se poden ler nesta hora os libros que sexan de lectura obrigatoria en calquera materia.
- Todos/as estades invitados/as a facer unha achega persoal sobre o libro que estades a ler. Como? Poñerase un panel nun espazo visible do instituto onde poderedes colocar: unha cita que vos pareza interesante do libro, un debuxo relacionado coa lectura, unha reflexión sobre o libro, unha recensión, un slogan que anime á súa lectura, etc... Cómpre que vaia o voso nome e o curso porque se valorará positivamente a colaboración de todos/as vós.
NORMAS PARA A "HORA DE LER" EN 3º E 4º DE ESO
Cada departamento e cada profesor organizará esta hora segundo a súa programación didáctica.
O calendario para este curso é este:

No hay comentarios:
Publicar un comentario